A Xunta entregará más de 15.000 EPIs en Ferrol

Con esta medida, o Goberno galego pretende dotar do equipamento necesario ás entidades locais para que o persoal dos servizos municipais involucrados na loita contra a expansión do coronavirus
20200401RepartoMaterial2

A Xunta repartirá esta semana case 15.200 unidades de material de protección na cidade de Ferrol. En total, serán 5.164 mascarillas, 10.000 guantes e 82 traxes. O Goberno galego xa repartiu material de protección ao 98% dos concellos galegos e esta semana chegará ao 100% dos municipios cun novo envío ás sete cidades, ás que distribuirá case 190.000 unidades.

Desta forma, as sete cidades recibirán nestes días 63.000 mascarillas, 1.000 traxes e 122.000 guantes. Todo o material distribuirase directamente desde a plataforma loxística que a Xunta vén de poñer en marcha para axilizar o proceso e centralizar a adquisición e o reparto de equipos de protección individual durante o estado de alarma e a emerxencia sanitaria polo coronavirus. Así, levarase o material directamente aos concellos para evitar desprazamentos.

No reparto, priorizouse inicialmente aos concellos pequenos e medianos xa que dispoñen de menos recursos. A Administración autonómica ten previsto que a cifra de unidades de protección adquiridas directamente pola Xunta e repartidas aos concellos ascenda a finais desta semana a 685.000, en concreto, 472.000 guantes, 185.000 mascarillas, 12.000 traxes e 16.000 batas.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.