A Xunta entregou na comarca de Ferrol máis de 130.000 unidades de material de protección

A última partida inclúe 8.500 máscaras, 6.100  luvas, 325 traxes antisalpicaduras e 97 pantallas faciais. 
chufmascarillas

O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, participou nunha nova reunión do Posto de Mando Avanzado, no encontro fíxose balance de todo o material entregado aos concellos e as residencias da provincia desde o inicio da crise do coronavirus.

A Xunta de Galicia realizou esta semana un novo envío de material de protección fronte á COVID-19 con destino aos concellos galegos. No caso concreto dos concellos da área e da cidade de Ferrol a partida inclúe 8.500 máscaras, 6.100  luvas, 325 traxes antisalpicaduras e 97 pantallas faciais.

Ata o de agora, o Goberno galego leva entregados aos municipios da comarca de Ferrolterra incluída a cidade en conxunto, 131.745  unidades de material de protección desde o inicio da crise sanitaria para os servizos municipais que presta. En total foron 66.932 máscaras, 62.600 luvas e 2.213 traxes, enviados en doce entregas desde o inicio da crise do coronavirus.

Un material que, segundo a información facilitada polas propias cidades e concellos está sendo destinado a está sendo destinado para o seu uso, principalmente, no Servizo de Axuda no Fogar, e servizos básicos de Protección Civil, Policía Local ou transporte público. Entre as partidas enviadas inclúense asemade botes de xel hidroalcohólico, garrafas de desinfectante e unidades de lixivia.

 

Relacionadas