A Xunta realizou 52 actuacións desinfección nas áreas rurais de Ferrolterra

As actuacións centráronse nos exteriores das residencias de maiores e discapacitados e dos centros de saúde
PHOTO-2020-04-08-12-57-24

Os profesionais do Servizo de prevención e defensa contra incendios forestais (SPDCIF) de Galicia realizaron xa, desde o comezo da crisis do Coronaviros, 52 actuacións de  desinfección dos exteriores das residencias de maiores, das de discapacitados e dos centros de saúde en 11 municipios da comarca de Ferrolterra, menores de 5.000 habitantes.

Así, os axentes ambientais e bombeiros forestais do SPDCIF actuaron en 12 residencias de persoas maiores e de discapacitados e en máis de 40 centros de saúde de 11 concellos do rural da comarca dende o inicio da situación de emerxencia sanitaria por mor do coronavirus. Os profesionais do SPDCIF están desinfectando estas áreas rurais tan concorridas e nas que existe un risco superior de contaxio.

Ademais de desinfectar, establecerán contacto cos profesionais das residencias e reforzarán os seus protocolos de prevención. En concreto, estes labores, que se están organizando diariamente, incluídos sábados e domingos, están sendo executadas por traballadores que participan voluntariamente na iniciativa durante as súas quendas de traballo. Con todo, é sabido que a súa función principal e primordial é a de prevención e extinción dos incendios forestais que se poidan rexistrar, unha cuestión que está garantida.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.