A Xunta repartiu 339 ordenadores entre as familias con menos recursos de Ferrolterra

A distribución realízase a través dos centros educativos, que son os que se encargan de determinar qué escolares necesitan este equipamento
D88D11F6-D3F6-FF92-1ADA66E1999506CF

A Xunta de Galicia leva entregados máis de 339 ordenadores para familias con menos recursos nos concellos da área de Ferrol e na cidade de Ferrol desde o inicio da crise do coronavirus.

A distribución destes portátiles levouse a cabo nun primeiro momento repartindo os equipos dispoñibles nos centros educativos cando se decretou e estado de alarma, nese momento repartíronse na comarca e cidade 198 equipos, e posteriormente a Xunta de Galicia está levando a cabo, a través da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), un reparto de ordenadores portátiles con conexións a internet gratuítas, para as familias con menos recursos e cuxos fillos cursen Secundaria, Bacharelato ou Formación Profesional.

Esta distribución de portátiles ás familias estase levando a cabo a través dos centros de ensino, grazas á colaboración dos equipos directivos, cos que se contacta previamente para pechar a entrega do equipamento. No reparto tense en conta  a súa situación socioeconómica das familias, priorizando o alumnado dos cursos de final de etapa que titulen (4º da ESO, 2º de Bacharelato e 2º de FP) e a aquelas familias que non dispoñen nos fogares de ordenador nin de conexión a internet.

Esta medida realizase en colaboración cos operadores R, Vodafone e Orange. A familias reciben os equipos e a conectividade como préstamo persoal para facilitarlles aos seus fillos o seguimento da actividade educativa, mentres dure o estado de alarma.

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.