A Xunta de Galicia leva entregados máis de 339 ordenadores para familias con menos recursos nos concellos da área de Ferrol e na cidade de Ferrol desde o inicio da crise do coronavirus.
A distribución destes portátiles levouse a cabo nun primeiro momento repartindo os equipos dispoñibles nos centros educativos cando se decretou e estado de alarma, nese momento repartíronse na comarca e cidade 198 equipos, e posteriormente a Xunta de Galicia está levando a cabo, a través da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), un reparto de ordenadores portátiles con conexións a internet gratuítas, para as familias con menos recursos e cuxos fillos cursen Secundaria, Bacharelato ou Formación Profesional.
Esta distribución de portátiles ás familias estase levando a cabo a través dos centros de ensino, grazas á colaboración dos equipos directivos, cos que se contacta previamente para pechar a entrega do equipamento. No reparto tense en conta a súa situación socioeconómica das familias, priorizando o alumnado dos cursos de final de etapa que titulen (4º da ESO, 2º de Bacharelato e 2º de FP) e a aquelas familias que non dispoñen nos fogares de ordenador nin de conexión a internet.
Esta medida realizase en colaboración cos operadores R, Vodafone e Orange. A familias reciben os equipos e a conectividade como préstamo persoal para facilitarlles aos seus fillos o seguimento da actividade educativa, mentres dure o estado de alarma.
Discussion about this post