AJE Ferrolterra critica as medidas aprobadas polo Goberno: «É un ataque aos autónomos»

A asociación de xóvenes empresarios ferrolá ve con bos ollos outras actuacións levadas a cabo por goberno municipais ou pola Xunta
2019111517491191962

Ante a medida aprobada o venres 27 de marzo polo Goberno de España na que se restrinxen temporalmente os despedimentos por causas de forza maior, económicas, técnicas, organizativas ou de produción a Asociación de Jóvenes Empresarios de Ferrolterra, quixo trasladar a súa «estupefacción» por esta medida que, según explican, «é un ataque directo aos autónomos».

A entidade empresarial considera que «esta medida obedece a razóns ideolóxicas e non económicas. Deixa aos autónomos nunha situación de indefensión total; aqueles que visen baixadas as súas vendas considerablemente pero sen chegar á dramática cifra do 75% nin poderán acollerse aos supostos ERTE flexibilizados nin recortar nos seus custos laborais para preservar o emprego do resto do persoal»

«Vemos con sorpresa como desde outras institucións como a Xunta de Galicia ou as corporacións municipais, e ante a inacción e falta de liderado do goberno central, tomáronse medidas que si afectan a solucións reais, mentres que as que nos ofrece o Goberno limítanse a permitirnos endebedarnos pagando intereses», critican os xóvenes empresarios ferroláns.

Por todo iso exhortan ao goberno central a que tome «medidas concretas e reais», que lles permitan afrontar a crise económica que sobrevirá á sanitaria, tales como «a supresión da cota de autónomos para todos os que sufrisen baixadas de actividade ou o aprazamento das declaracións tributarias».

 

 

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.