Hoxe non foi un domingo máis de estado de alarma nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal. As rúas e prazas dos municipios asemellábanse máis a un 6 de enero que a un 26 de abril. Os patinetes, os balóns, as bicicletas, os triciclos e os carriños das bonecas acapararon os espazos públicos de tódolos concellos.
Este primeiro paso de cara a recuperar a normalidade da vida cotiá fíxose cumprindo, na meirande parte dos casos, as restriccións impostas polo Ministerio de Sanidade. Un pai con tres fillos como máximo, respetando as distancias de seguridade e sen acceso aos parques infatís, que aínda permanecen pechados. En Ferrol, segundo informou o Concello, non se dispuxo ningún protocolo especial de seguridade para comprobar se as familias facían o desconfinamento cumprindo con algunas das outras normas impostas, como facelo nun radio dun kilómetro dende o domicilio.
Coas dúbidas habituais nestas situacións de excepcionalidade, os nenos tiñan moi ben aprendida a lección: «Non podemos xogar moito xuntos aínda, é mellor que xoguemos sós pola plaza», explicaba Andrea, de 8 anos, mentres rodaba co patín polo Cantón de Molins. En Ferrol, a zona de Amboaxe, a plaza do Inferniño, o Cantón, o parque Raíña Sofía e as rúas da Magdalena foron os principais focos de xogos e paseos matutinos. Como anécdota, a petición dalgún neno que lle preguntaba ao seu pai podían voltar xa para casa porque levaban «moito tempo fora».