A Coruña vivirá este sábado unha nova xornada de mobilizacións pola visita do vicepresidente e eurodeputado de Vox, Jorge Buxadé, que participará nun acto informativo da formación na contorna da Praza de Pontevedra. Diversos colectivos sociais e xuvenís convocaron unha concentración «contra o fascismo» para amosar o seu rexeitamento á presenza do partido na cidade.

Novas mobilizacións contra a presencia de Vox
A convocatoria, compartida por Erguer, o Sindicato de Vivenda da Coruña ou a Coordinadora da Mocidade Socialista da Coruña baixo o lema «Contra o fascismo, nin un paso atrás», está prevista para as 17:30 horas na Praza de Pontevedra. Os organizadores aseguran que o seu obxectivo é «frear o acto de Vox na cidade», mentres que Buxadé ten programada a súa participación nunha mesa informativa de Vox.
A visita prodúcese apenas uns días despois da presenza en A Coruña do líder estatal do partido, Santiago Abascal, cuxa comparecencia en María Pita derivou nunha das xornadas de máxima tensión política. Aquel acto estivo acompañado por multitudinarias protestas e rematou con cargas policiais, enfrontamentos, feridos e detencións, ademais de episodios de violencia que se prolongaron durante horas por distintas rúas do centro urbano.
Máxima vixilancia na cidade ante a visita de Buxadé en pleno luto oficial
A cita chega ademais nun contexto marcado polo accidente ferroviario en Toledo e polos tres días de luto oficial decretados polo Goberno. Mentras a maioría das formacións políticas suspenderon ou aplazaron os seus actos de precampaña en sinal de duelo, Vox mantivo a programación prevista para estes días, coincidindo a visita de Jorge Buxadé a A Coruña ca terceira e última xornada de luto oficial. O eurodiputado da formación de extrema dereita tamén estará en Ferrol pola mañá, si ben non hai aínda convocatorias contra este acto.
Na Coruña, as autoridades prevén un importante dispositivo de seguridade para evitar que se repitan os incidentes rexistrados durante a visita de Abascal. A proximidade entre os puntos de concentración convocada e o acto de Vox obrigará a extremar as medidas de prevención nunha zona especialmente sensible tralos acontecementos das últimas semanas.