O Pleno de Mugardos aprobou os orzamentos municipais para o exercicio económico do 2020 nunha sesión extraordinaria celebrada onte mércores 16 de setembro, co voto favorable dos grupos municipais do Partido Popular e do Partido Socialista, a abstención do BNG e o voto en contra de Esquerda Unida.
Estes orzamentos, xunto co Plan Económico Financieiro xa aprobado, permitirán o saneamento das contas municipais e a axilización da xestión. Segundo o previsto, os orzamentos reflicten uns ingresos e gastos de 6.924.646,13 € para este 2020, no que as inversións inicialmente acadan un importe superior aos 900.000 euros.
Inversións máis destacadas
Entre os gastos máis salientabels atópanse a adquisición do edificio para a nova biblioteca, a ampliación da EIM As Lagoas, a entrega dun novo vehículo para a policía local, a habilitación do espazo para o aparcamento no CPR Loyola, o equipamento do pavillón polideportivo, as actuacións de aforro enerxético no alumeado, ou a adquisición de novos equipos informáticos para a axilización e dixitalización dos procedementos administrativos.
Nos orzamentos aprobados para 2020 os incumprimentos de teito de gasto e estabilidade orzamentaria quedan solventados, traballándose sobre escenarios de cumprimento do obxectivo de estabilidade e do teito de gasto fixado.
Saneamento das contas municipais
Pola súa banda o concelleiro de Facenda, Miguel Mahía, quixo destacar a importancia que ten a aprobación destes orzamentos: “No orzamento recollemos inversións imprescindibles para a veciñanza e saldamos as débedas con proveedores, traballadores e otras administracións que o concello vén arrastrando, estando un paso máis cerca do obxectivo de sanear as contas municipais, e modernizar e dinamizar os servizos públicos.
Así mesmo, Miguel Mahía confirmou que o goberno municipal ten previsto presentar os orzamentos de 2021 nas próximas semanas, e para dar inicio á tramitación levará a semana próxima a comisión os informes previos que deben remitirse ao Ministerio para arrincar a tramitación.
Discussion about this post