A concelleira de Política Social destaca o papel dos centros sociocomunitarios de Ares e Valdoviño

Fabiola García visitou as obras do que será o novo espazo de actividade veciñal do municipio valdoviñés
aresconcelleira

A conselleira de Política Social, Fabiola García, visitou onte o centro sociocomunitario de Ares onde destacou o papel dinamizador das súas instalacións para as veciñas e veciños da zona. Neste sentido, sinalou que a súa ampla oferta de actividades permiten que os seus usuarios desfruten dun ritmo de vida activo e converten este espazo no epicentro de ocio dos seus municipios.

A conselleira tamén visitou o Concello de Valdoviño e mantivo un encontro co alcalde. Fabiola García afirmou que o Goberno galego ten como obxectivo ofrecer os servizos de maior calidade ao maior número de persoas posibles. «Era unha visita que tiña pendente» asegurou a conselleira nada máis entrar no salón de plenos da casa consistorial de Valdoviño.

Alí se desenvolveu parte da xuntanza que mantivo co alcalde, Alberto González, e máis outros concelleiros e concelleiras da corporación. Con eles, o equipo de arquitectos do estudo Antha e o arquitecto municipal. Foron estes os encargados de explicar o proxecto do primeiro centro sociocomunitario do municipio. Unha intervención que encara a recta final das obras da primeira e segunda fase.

Traballos orzamentados en máis de 290.000 euros, dos que a Consellería de Política Social aporta 150.000 euros vía convenio. Posteriormente, a conselleira puido comprobar a evolución da execución do centro sobre o terreo. Nesta liña, Fabiola García e Alberto González destacaron que o edificio marcará un punto de inflexión nas políticas sociais da administración local. Un espazo de encontro e actividade interxeneracional, que poderá albergar tamén actividades de formación.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.