Un total de 7 concellos, mancomunidades e consorcios locais ou agrupacións de concellos da comarca de Ferrolterra se beneficiarán das axudas que o Goberno galego reserva para impulsar actuacións de posta en valor da riqueza histórica, cultural, patrimonial e paisaxística do rural con máis de 139.000 euros.
Sufragaranse, entre outras, accións de embelecemento dos accesos e bens declarados de interese cultural, iluminación ornamental, recuperación e creación de miradoiros paisaxísticos ou recuperación de elementos de interese etnográfico ou da arquitectura tradicional entre outras.
En Ares, financiarase con máis de 21.000 euros a posta en valor da Alianza Aresana como centro de promoción da cultura e patrimonio indiano. As Somozas recibirá 18.000 euros para a instalación de sinalización temática dos seus recursos turísticos estratéxicos. Ao igual que Cabanas, que obterá unha contía de maís de 28.000 euros recuperación, accesibilidade e sinalización dos seus recursos turísticos.
En Cedeira destinaranse algo máis de 17.000 euros á sinalización de rutas Santo André de Teixido e intervención no campo do Castro. Fene, pola súa banda, destinará 11.000 euros desta subvención á información e sinalización de espazos de interese paisaxística, mentres que O Barqueiro usará os 19.400 euros de axuda nos miradoiros do Atlántico e do Cantábrico. En Ortigueira os case 23.000 euros usaranse para o proxecto de mellora do entorno do muíño do campo da Torre
As achegas para a mellora da accesibilidade e sinalización dos recursos turísticos van dirixidas a mellorar a calidade dos recursos turísticos dos concellos para facelos máis atractivos aos visitantes. Estas subvencións están orientadas ao fomento e posta en valor da riqueza histórica, cultural, patrimonial e paisaxística dos municipios.
Discussion about this post