Ares loce as súas bandeiras a medio mastro en sinal de loito polas vítimas do Covid

O alcalde, Julio Iglesias, explicou que tamén "é tempo de acordarse dos nosos mortos" dende as institucións
94317583_10217494161732705_1093284307448889344_n

O Concello de Ares loce dende onte as súas bandeiras a medio mastro en sinal de loito polas vítimas do coronavirus. En medio das peticións dalgúns partidos políticos e institucións sobre a declaración dun loito oficial no Estado español, o alcalde Ares, Julio Iglesias, decidiu adiantarse e baixar as enseñas de Galicia, España e da Unión Europea esta mesma mañá.

O rexedor socialista explicou que aínda que «é tempo de ocuparse institucionalmente, sobre todo, dos vivos, iso non é incompatible con acordarse, igualmente de maneira institucional, dos nosos mortos».

«Estou seguro de que todos reflexionamos persoalmente e a diario sobre o drama dos falecidos polo Covid-19 e as súas familias. E como as bandeiras a medio mastro represéntannos a todos, con elas queremos reforzar ese sentimento persoal que tamén é común a toda a comunidade Aresá», argumentou.

Julio Iglesias insistiu en que este xesto se fixo sen prexuízo de sumarse máis adiante ao duelo que no seu momento poidan acordar as autoridades estatais, autonómicas e municipais a través dos seus respectivos órganos de goberno.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.