Organízase unha limpeza da praia de Area Longa en Ares este sábado

A xornada está enmarcada na XI Limpeza Simultánea de Praias que organiza ADEGA
A edición de 2021 celebrouse na praia de Seselle
A edición de 2021 celebrouse na praia de Seselle

A Agrupación Instrutiva de Caamouco participará na XI Limpeza Simultánea de Praias que organiza ADEGA -Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza-. Trátase da terceira ocasión na que a Sociedade participa nesta
iniciativa, na que colabora o Concello de Ares.

Nesta ocasión, a praia escollida para a actividade é a de Area Morta, no núcleo de Redes. A xornada terá lugar o vindeiro sábado 15 de outubro de 11 a 14 horas. Para poder participar é preciso inscribirse previamente no teléfono 680161929 -chamada ou WhatApp-. O punto de encontro para as persoas participantes é a praza do Pedregal de Redes.

A xornada serve para visibilizar o grave problema do lixo no mar e o impacto que os refugallos teñen sobre os areais e a costa en xeral. A convocatoria é aberta ao público en xeral. Con todo, dende a Xunta Directiva fan un especial chamamento á implicación da rapazada nesta actividade. ‘Trátase dunha actividade pensada para todos os públicos, pero na Agrupación queremos poñer o foco na rapazada. É o momento de que tomen conciencia da necesidade de coidar o noso planeta, unha tarefa que debe comezar polo local e por protexer aquilo que temos máis preto da casa’, indican dende a Agrupación.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.