As mariscadoras de Cedeira e Valdoviño intentan rescatar os bancos marisqueiros locais

A primeira xornada de retirada de residuos mariños levouse a cabo a semana pasada no Funil, en Pantín, recolléndose máis de 4 toneladas de lixo
MAR_LIMPO

Ambos municipios de Cedeira e Valdoviño están a colaborar nun proxecto de recuperación dos bancos marisqueiros dos dous concellos impulsado pola Confraría de Pescadores de Cedeira e as Mariscadoras a Pé, axentes activos da iniciativa. O proxecto, que conta co respaldo da Consellería do Mar, está financiado nun 75% polo Fondo Europeo Marítimo e da Pesca -FEMP-.

O obxectivo principal é a retirada do lixo mariño, tanto o de procedencia do sector pesqueiro como vellas artes de pesca e embarcacións como o de orixe cidadá e, para iso, as mariscadoras e mariscadores realizarán de aquí a decembro unha serie de saídas para a recollida dos residuos.

4 toneladas de lixo no fondo do mar

A primeira tiña lugar a semana pasada, coa participación de 15 persoas, na zona do Funil, en Pantín. Desta área a recuperar retiráronse máis de catro toneladas de lixo, hoxe moi degradada pero que co traballo a realizar nos próximos meses preténdese recuperar e pór en valor como banco marisqueiro.

As mariscadoras tiveron tamén que cuantificar e clasificar o lixo por tipoloxía e, unha vez pesado, foi depositado nos contedores que habilitou nesta ubicación o Concello de Valdoviño. Unha acción pola que o colectivo percibirá unha retribución equivalente a unha xornada de traballo.

Campaña de sensibilización e concienciación

Así mesmo, o proxecto tamén contemplou diversas accións de formación previa para as mulleres e homes participantes e, nestes momentos, estase a traballar  na elaboración dunha guía de boas prácticas e dun tríptico informativo para difundir entre a veciñanza e tamén do sector marisqueiro.

Este material, xunto á cartelería, configurarán unha campaña de sensibilización e concienciación respecto á necesidade de preservar o noso medio natural, neste caso tamén motor económico a través da creación de emprego vencellado. Estas accións son claves tanto para o traballo das mariscadoras e todo o sector así como para o futuro do mar e para concienciar á cidadanía do problema e se responsabilice, porque o lixo é de todos e todos somos responsables.

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.