Os traballos para conectar o colector do novo saneamento da enseada da Malata co tanque de tormentas que se está construíndo na Cabana obrigarán a pechar ao tráfico un pequeno tramo da rúa Pintor Ricardo Pena, a partir do vindeiro luns 6 de xullo.
Por ese motivo, habilitarase un acceso alternativo ao habitual para os residentes na zona máis próxima ao paseo e á praia. Entre esa data e o final dos traballos, previsto para o venres 31 de xullo, permanecerá aberto o valado que pecha a entrada ao Centro de Innovación e Servizos (CIS). Deste xeito, poderase circular pola estrada oeste do centro sen ningún obstáculo.
Discussion about this post