Morre un traballador de Xiloga ao caer co seu camión por un terraplén

O home, de 54 anos, foi excarcelado do interior do vehículo e trasladado con vida ao Marcide, pero faleceu horas despois
unnamed (10)

Un veciño de Ortigueira,  J. P. R. de 54 anos de idade, faleceu onte á tarde tras sufrir un accidente laboral na empresa Xiloga, a planta de xestión de residuos das Somozas. Según explicaron fontes do CIAE 112 Galicia, o home caeu por un terraplén co camión articulado que conducía, quedando atrapado no seu interior. O suceso tivo lugar pasadas as cinco da tarde e traballador foi trasladado con vida ao hospital Arquitecto Marcide, onde faleceu horas máis tardes.

Foi sobre as 17:30 horas, o CIAE-112 Galicia recibiu a chamada dun particular que informando dun operario ferido en Seixas, no Concello das Somozas. Ata o lugar desprazáronse ademais de efectivos de Urxencias Sanitarias de Galicia, cunha ambulancia de soporte vital avanzado (medicalizada) e os Bombeiros do Eume con base nas Pontes, que excarceraron ao traballador ferido. Unha vez liberado, foi trasladado na ambulancia ata os servizos de urxencias do Marcide, pero o seu estado era de extrema gravidade debido a un severo traumatismo craneoencefálico.

 

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.