As UCI de Ferrol alcanzan cifras mínimas dende o inicio da crise

Só catro persoas permanecen ingresadas nas unidades de coidados intensivos
marcideurxencias1

A área sanitaria de Ferrol viviu nas últimas xornadas un lixeiro repunte do número de casos positivos por coronavirus ata situarse a día de hoxe en 387 casos, cinco máis que onte e 44 máis que fai unha semana. Este incremento no número de casos viu aparellado cun incremento no número de test diarios, xa que dende a segunda semana de abril pasouse duns 100 PCR diarios a case o doble ata os 6.753 realizados ata o día de hoxe.

Do total de casos doentes detectados con Covid, 356 atópanse no seus domicilios, xa que a meirande parte dos novos contaxios presentea sintomatoloxía leve. A lectura positiva é que este crecemento de casos non se trasladou aos hospitais. De feito, apenas aumentou o número de hospitalizados, que segue estabilizado en 31 persoas.

Os datos son aínda máis esperanzadores na UCI, onde actualmente só hai 4 personas graves, unha das cifras máis baixas dende que comezou a crise. Cabe recordar que a principios deste mes se chegaron a atendenser ata 17 casos graves, o que obrigou a habilitar unha nova UCI no hospital Naval.

Ademáis, dende o inicio da crise sanitaria xa se deron 80 altas hospitalarias. Agora, á área sanitaria tratará de contabilizar aos doentes que fai máis de 14 días que non presentan síntomas para realizar unha estadística dos que superaron definitivamente o virus e quedaron inmunizados. A cifra de falecidos sitúase en 25 persoas, dous deles na residencia de maiores de Pontedeume e os resto nos hospitais comarcais de Ferrol.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.