Xa son tres casos oficiais os que contabilizan as comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal por positivo en Coronavirus, pero se espera que nos próximos días has cifras aumenten cando se obteñan os resultados das centos de probas que actualmente estanse a analizar polos equipos de viroloxía do área Sanitaria de Ferrol e de A Coruña, a onde se están enviando as probas.
O primeiro caso foi anunciado fai dous días. Trátase dun celador mugardés que traballa no hospital de Oza, na Coruña, que o contraxo ao entrar en contacto cun dos pacientes infectados na cidade herculina. O home permanece aillado e o seu estado non reviste gravidade. O propio alcalde da localidade fixo un chamamento á calma e pediu aos veciños que extremasen as medidas de seguridade.
Esta mesma mañá activouse o protocolo nas estaleiros de Fene pola sospeita máis que fundada dun novo caso. Segundo fontes consultadas por Europa Press trataríase dun operario pertence a unha empresa madrileña que desprazouse ata as instalacións de Perlío tras a chegada do ferry rápido “Benchijigua Express”, proceden de Canarias, para un proceso de posta a punto nun dos diques do estaleiro Fenés. Trátase dun caso de alto risco dado a cantidade de traballadores que operan xuntos nas mesmas instalacións, algunhas pechadas, e nunhas condicións que poderían favorecer a propagación do virus.
Xa durante esta tarde, confirmouse un novo caso esta vez en As Pontes. Trátase dun home de 41 anos que viaxou a Madrid e foi presuntamente na capital do Estado onte expúxose ao virus. Aínda que o seu estado mellorou nas últimas horas, sí que estivo en contacto con familiares e achegados da vila pontesa que xa están recibindo un seguimento cercano por parte das autoridades sanitarias e algúns deles atópanse en cuarentena.
Tódolos concellos das comarcas informaron ao longo do día de hoxe de que suspenden as actividades, servizos e eventos públicos programados para os próximos días. E anunciaron tamén o peche dos espazos e edificios municipais (bibliotecas, centros comunitarios, escolas infantís, centros cultais ou centros de maiores) como medida para previr a expansión do virus.
Discussion about this post