O número de casos activos na área de Ferrol mantívose estable nas últimas 24 horas. O número actual de contaxios é de 126 persoas, dous menos que onte, aínda que aumentaron en as hospitalizacións, pasando de 6 a 12 e tamén rexistrouse un novo ingreso na UCI. Son agora 4 doentes os que se atopan na unidade de coidados intensivos.
Un total de 110 persoas diagnosticadas con Covid-19 permanecen illadas nos seus domicilios á espera de superar a corentena e baixo vixilancia telefónica por parte do Sergas. Segundo a Dirección Xeral de Saúde Público, nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal xa se contabilizan 403 doentes coa alta epidemiolóxica, é dicir, que superaron o virus.
Tampouco se produciron novas mortes relacionadas co coronavirus nas últimas horas, polo que o número de vítimas mortais ata o momento na área de Ferrol é de 31, contando os que faleceron nos hospitais (28) e nos centros da terceira idade (3).
Estudo epidemiolóxico
Mañá remata en Ferrolterra a recollida de probas do estudo epidemiolóxico que o Sergas e o Instituto Galego de Estatística (IGE) realizan conxuntamente en toda a comunidade. Máis de 3.200 usuarios da área sanitaira de Ferrol foron contactados telefónicamente para participar neste mapeo do coronavirus mediante a realizan dun test que indicará se ha persoa está contaxiada ou non.
Os resultados coñeceranse a próxima semana e permitirán ter unha visión máis ampla e real da expansión da pandemia do Covid-19 na comunidade galega. Dentro de catro semanas realizarase unha nova tanda de probas para comprobar a evolución do virus co paso do tempo.
Discussion about this post