Baixan os casos activos por Covid na área sanitaria de Ferrol

A día de hoxe hai 151 contaxiados, sete menos que onte, e só 11 persoas hospitalizadas.
marcideurxencias1

A área sanitaria de Ferrol segue reducindo o número de casos activos por coronavirus e, tamén, o de doentes ingresados no hospital Arquitecto Marcide. Os últimos datos ofrecidos pola Dirección Xeral de Saúde Pública confirman que a día de hoxe hai 151 persoas infectadas polo Covid-19, o que significa que sete persoas recibiron a alta epidemiolóxica nas últimas 24 horas. O Sergas utiliza dous indicadores para saber se alguén superou o virus: un resultado negativo nos test PCR ou que o doente non presenta síntomas despois de 14 días desde que foi diagnosticado con Covid-19.

Dos actuais activos só o 11 casos permanecen hospitalizados e 3 son os activos que están nas unidades de coidados intensivos con pronóstico máis grave. O resto, 137 persoas, están nas pasando a corentana na súa casa. Hoxe cúmprese o sexto día consecutivo sen falecementos a causa do coronavirus, polo que cifra de vítimas mortais segue a ser de 27, entre centros hospitalarios e residencias de maiores.

 

 

 

Relacionadas