A área sanitaria de Ferrol continúa reducindo sensiblemente o número de contaxios por Covid e tamén o de hospitalizados. Os datos facilitados hoxe pola Dirección Xeral de Saúde Pública indican que na actualidade hai 74 doentes activos nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal e so un deles permanece ingresado no Arquitecto Marcide.
En total, son xa 480 as persoas que superaron o virus e obtiveron a alta epidemiolóxica. O número de falecidos tampouco variou desde o pasado día 9 de maio, polo que seguen a ser 33 as vítimas mortais relacionadas co Covid-19.
Desde a área sanitaria de Ferrol continúan realizando máis de 150 test diarios e a día de hoxe xa levan ao redor de 9.790 probas PCR entre as que se fan no Marcide, no punto fixo do Novoa Santos e a domicilio. Isto supón que case un 4% dos veciños de Ferrol, Eume e Ortegal sometéronse aos test, ademais de os 3.200 que o fixeron no estudo de seroprevalencia da Xunta de Galicia.