Detido un veciño de Cedeira por causar disturbios en varios locais de hostelería

A Policía Local tamén denunciu o pasado luns a outro cliente por saltarse as medidas de seguridade sanitarias
Agentes de la policía local
Agentes de la policía local

Axentes da Policía Local de Cedeira procederon na tarde de onte á detención dun veciño de Cedeira que, en evidente estado alcohólico, estaba a se saltar as medidas de seguridade que rexen para esta fase 1 do Estado de Alarma pola pandemia do Covid19.

A persoa detida, a pesar de ser advertida nun primeiro momento polos axentes, continuou coa súa actitude entrando nos locais de hostalería a pesar de estar prohibido, non gardando distancias de seguridade con outros clientes, ouriñando na vía pública, e insultando aos axentes cando estes cominábanlle a marcharse para a súa casa. Finalmente foi detido ao non cesar na súa actitude, trasladado ao cuartel da Garda Civil da localidade e posto a disposición xudicial.

A Policía Local tamén tramitou outra denuncia administrativas por un feito ocorrido o primeiro día da fase 1 de desconfinamiento, por infracción ao RD 463/2020 do Estado de Alarma, a outra persoa que en estado alcohólico tamén se saltaba as medidas de seguridade na praza Roja de Cedeira. Foi proposto á Subdelegación do Goberno por desobediencia á autoridade co agravante de actitude inapropiada do infractor, polo que a proposta de sanción estímase en 2.000 euros.

Cumplir as medidas

A Policía Local quixo lembrar que aínda que algunhas terrazas de hostalería comezaron a abrir nesta fase 1 de desconfinamiento, as normas de uso por parte dos clientes están moi determinadas e que deben comportarse coa cautela necesaria cara a outros usuarios. En todas as terrazas está publicado o aforo das mesmas, que non debe excederse, e as medidas que deben cumprir os clientes.

Ademais, as persoas titulares dos establecementos públicos poden adoptar as medidas que consideren pertinentes para garantir o funcionamento do establecemento en condicións de seguridade e calidade, o que inclúe non servir bebidas alcohólicas a aqueles clientes que claramente se atopan nunha situación alcohólica grave. Calquera inoservacia destas normas pode ser denunciada pola Policía Local, tanto ao cliente como ao establecemento.

Relacionadas