Recollida de sinaturas en Cedeira para mellorar os recursos do CEIP Nicolás del Río

A ANPA Picapeixe e as representantes das familias do Consello Escolar do CEIP Nicolás del Río de Cedeira organizaron unha xornada de recollida de sinaturas no centro do pobo
A ANPA Picapeixe e as representantes das familias do Consello Escolar do CEIP Nicolás del Río de Cedeira organizaron unha xornada de recollida de sinaturas no centro do pobo

A ANPA Picapeixe e as representantes das familias do Consello Escolar do CEIP Nicolás del Río de Cedeira organizaron unha xornada de recollida de sinaturas no centro do pobo para esixir recursos humanos e estruturais que permitan unha mellor atención ao alumnado.

A iniciativa foi ben recibida pola veciñanza, que se achegou para amosar o seu apoio. En pouco máis dunha hora, máis dun centenar de persoas asinou a petición, destacando o interese da comunidade por mellorar as condicións educativas no centro. Ambas as organizacións agradecen a resposta cidadá, que lles dá forzas para continuar coa súa loita. Co lema «Todo suma e todo resta na educación d@s nos@s nen@s», aseguran que chegarán a onde sexa necesario para conseguir os recursos necesarios.

Relacionadas