Como todos os luns, o número diario de contaxios na área sanitaria de Ferrolterra volve a deixar unha leve e falsa baixada de contaxios nas últimas 24 horas. Isto débese a que os datos arroxados hoxe pola Dirección Xeral de Saúde Pública de Galicia amosan as cifras relativas ao domingo, día onde as pertinente pobras epidemiolóxicas se reducen e, con elas, os novos contaxios
6 casos máis pero 13 altas epidemiolóxicas
Hoxe luns 21 setembro coñeceuse un total de 6 novos pacientes afectados polo coronavirus. A pesar de que o número real de contaxios nas últimas 24 horas correspóndese con outra cifra maior, a boa noticia son as 13 altas epidemiolóxicas contabilizadas nun só día, o que situa en 825 os casos non activos ou curados dende que comezou a pandemia.
En canto á preocupación nos hospitais, a atención médica na UCI así como o número de hospitalizados sin necesidade de coidados intensivos mantense estable. Polo tanto, son 2 as persoas que debido á súa gravidade están na UCI sendo atendidos, mentres que os ingresados pero que revisten menor gravidade son un total de 5. Estos datos confirman que esta segunda onda é moito menos preocupante para os centros hospitalarios xa que a gran maioría dos positivos -170 de 177- están a pasar o virus confinados nos seus respectivos domicilios.
Foco de 14 positivos en Ortigueira
Onde si aumenta a preocupación é en Ortigueira tras informar fai escasos días do foco máis importante desde que comezou a pandemia, cun total de 14 casos activos. Dende o consistorio, e en especial o alcalde, Juan Penabad Muras, pediu unha plena colaboración veciñal para deter este brote xurdido.
Polo momento non hai ningunha novidade ao respecto e todos os contactos directos dos contaxiados están a realizar as pertinentes probas. Ademais, quen o necesite ten á súa disposición dous números de teléfono para facer compras, retirar basura ou calquera outra necesidade durante as 24 horas.
De día estará en servizo o 604002167, e de noite o 603473044. A partir do luns habilitarase un segundo teléfono para o horario de día.
Discussion about this post