Traballadores do sector de ambulancias realizaron este venres accións de protesta para esixirlle á Xunta que realice as probas da Covid-19 a todo o persoal do sector. Piden que se lles recoñeza como persoal sanitario e que se lle fagan xa probas válidas, ademais de reclamar máis medidas de protección para garantir a súa seguridade e a dos pacientes.
“Hai xa tres semanas, a Consellaría de Sanidade comunicou que se ían realizar probas da Covid-19 a todos os traballadores das ambulancias, tanto do transporte urxente como do programado, para evitar a expansión dos contaxios e comprobar a incidencia da enfermidade entre o persoal do sector. Pero só se fixeron en A Coruña e en Vigo”, explican desde o sindicato CIG.
As traballadoras e os traballadores de ambulancias lembran que, aínda que a Xunta non os recoñece como persoal sanitario, son a primeira liña de batalla no coronavirus porque “as e os pacientes non veñen só aos hospitais, senón que somos nós quen os imos buscar”.
Discussion about this post