A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos de coronavirus en Galicia ascende a 567, deles 152 son da área da Coruña, 46 da de Lugo, 63 da de Ourense, 83 da de Pontevedra, 108 da área de Vigo, 94 da de Santiago, e 21 da de Ferrol.
Deste xeito, as comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal volven a crecer de forma significativa por segundo día consecutivo, pasando de 15 a 21, mentres que o día anterior aumentaron de 8 a 15, case media ducia de novos infectados ao día nas dúas últimas xornadas. Este aumento de contaxios tamén conlevou máis hospitalizacións. Se ata onte eran tres os ingresados, hoxe xa son sete os que permanecen hospitalizados; seis no Arquitecto Marcide -cinco en planta e un na UCI- e outro na UCI do Juan Cardona. Os outros 14 infectados permanencen en illamento doméstico.
Esta situación de crecemento case exponencial estaba contemplada polo Servizo Galego de Saúde tendo en conta a progresión vivida noutras zonas. En Galicia, de feito, rexístranse cen novos casos diarios. «Estamos nun escenario constantemente cambiante e a previsión é que siga aumentando”, explican dende o SERGAS.
A estes casos hay que sumarle o do celador mugardés infectado no hospital de Oza da Coruña, que computa neste área sanitaria. Ademáis, a cuarta vítima de Galicia foi un veciño de Cedeira, de 72 anos, que faleceu por coronavirus tras varios días ingresado no CHUAC da Coruña.