Desde hoxe será obligado o úso de máscarillas en espazos públicos

A medida aplicarase a tódalas persoas maiores de seis anos, salvo contraindicacións moi xustificadas
DSC_2284

Este xoves 21 de maio entra en vigor a orde ministerial que fai obrigatorio o uso de mascarillas en espazos públicos ao aire libre e en recintos pechados con atención ao público sempre que non sexa posible manter unha distancia de seguridade interpersoal de alomenos dous metros.

A medida será de aplicación para todas as persoas maiores de 6 anos e, segundo publicou hoxe o BOE, recoméndase que a rapazada de 3 a 5 anos tamén as leve postas. A orde indica que se poderá utilizar «calquera tipo de máscara», aínda que preferentemente deberán ser cirúrxicas ou hixiénicas, como as que repartíu e aínda está repartindo o Concello.

Os únicos casos en que se exime do seu uso é se a persoa ten algún tipo de dificultade respiratoria que poida verse agravada polo uso da máscara, que o seu uso resulte contraindicado por motivos de saúde debidamente xustificados, ou que por unha situación de discapacidade ou dependencia ese uso supoña unha alteración da conduta da persoa que deba levala. Tamén se o uso da máscara resulta incompatible co desenvolvemento de certas actividades pola súa propia natureza.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.