A Dirección Xeral de Saúde pública informou que hoxe o número de casos activos por coronavirus na área sanitaria de Ferrol é 76 persoas, dous menos que onte. Só dúas persoas contaxiadas con Covid-19 permanencen ingresadas no Arquitecto Marcide, o que supón a cifra máis baixa desde o inicio da pandemia. O Sergas explicou que, aínda que hai máis doentes que seguen hospitalizados, xa deron negativo no test PCR e agora se recuperan das secuelas do virus.
Actualmente hai 74 contaxiados que se atopan en illamento domiciliario e son xa 475 persoas as que recibiron a alta epidemiolóxica tras superar o virus. O número de falecidos non aumentou nas últimas horas, polo que seguen a ser 33 as vítimas mortais relacionadas co Covid.
Discussion about this post