A Deputación estuda avanzar na mellora vial da estrada de Barallobre

Un dos obxectivos do novo alcalde de Fene é reducir a siniestralidade nas principais vias do concello
barallobre

A mellora da seguridade de varios viais do concello de Fene foi un dos temas centrais da xuntanza que mantiveron na Deputación da Coruña o vicepresidente Xosé Regueira e o alcalde Juventino Trigo. Na reunión participaron tamén a deputada María Muíño e a concelleira de Fene, Sandra Permui.

Reducir a sinistralidade da estrada DP-3503 é un dos obxectivos do concello de Fene que o seu alcalde, Juventino Trigo, trasladou ao vicepresidente da Deputación, Xosé Regueira, na primeira reunión entre as institucións despois da súa toma de posesión. En concreto, o alcalde mostrou a preocupación pola situación do proxecto de obras no vial que atravesa a parroquia de Barallobre, onde estaba previsto a construción de beirarrúas e sendas que conducirían até o cemiterio.

O alcalde Juventino Trigo manifestou o interese en solicitar á Deputación da Coruña a realización do proxecto de mellora da estrada por Barallobre debido a súa alta perigosidade e á proximidade tanto a centros de ensino como ao propio cemiterio. A actuación afectaría tamén á parroquia de Magalofes para o que demanda a construción de novas sendas que faciliten o tránsito das persoas.

Pola súa parte, o vicepresidente da Deputación, Xosé Regueira, comprometeuse a estudar no seo do goberno provincial a situación do proxecto e a súa viabilidade a curto prazo co fin de mellorar a comunicación dun tramo especialmente transitado no concello de Fene.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.