Fene reabre a pasarela do paseo marítimo de San Valentín

Demarcación de Costas contribuiu aos traballos mellorando o acceso desde o camiño do Regueiro e substituíndo mobiliario
César Galdo | Concello de Fene
César Galdo | Concello de Fene
O Concello de Fene rematou este xoves os labores de conservación da pasarela de madeira que conecta o paseo de San Valentín coa zona do Regueiro percorrendo a ribeira da ría. Os traballos desenvolvidos nas últimas semanas consistiron no cambio de distintos elementos danados polo uso e o paso do tempo que obrigaran ao consistorio a clausurar o trazado no verán por motivos de seguridade. As actuacións supuxeron un investimento próximo aos 12.000 euros e simultaneáronse coas executadas pola Demarcación de Costas, cercanas aos 30.000, que se ocuparon de acondicionar o acceso norte ao paseo, do reforzo dos ribazos e da instalación de mobiliario.
 
As obras desenvolvidas polo Concello de Fene concluíron onte á tardiña co chorreado dos 400 metros do paseo feitos en madeira, co obxectivo de eliminar o verdín e os sedimentos acumulados «para mellorar a súa adherencia, incluso en días de auga, e evitar caídas accidentais», explicaba esta mañá a concelleira de Servizos, Sandra Permuy.
Nas últimas semanas reparouse  a estrutura substituíndo parte da rampa que dá acceso á praia e todos os tablóns que se encontraban en mal estado. Porén, boa parte da obra centrouse  en acondicionar a zona de ribazo retirando vexetación e raíces, xunto coa preparación dunha canle de drenaxe que reduza a humidade procedente dos terreos lindeiros. Unha medida que, tal e como aseguraba esta mañá o alcalde, Juventino Trigo, «axudará a que a estrutura se conserve en boas condicións durante moito máis tempo».
Segundo engadiu Sandra Permuy, o estado xeral desta parte do paseo «requiría unha intervención urxente por motivos de seguridade, posto que había moitas táboas soltas ou podres e por iso decidimos restrinxir o acceso xa a comezos do verán. Tamén solicitamos en varias ocasións a colaboración da Demarcación de Costas, que finalmente acometeu importantes melloras».
Os responsables municipais destacan sobre esta última cuestión que o ente dependente do Ministerio de Fomento «renovou completamente» o acceso norte ao paseo que comunica co Camiño do Regueiro. Nese caso, a obra -próxima aos 30.000 euros- consistiu no desmonte dun dos noiros superiores e na cimentación da entrada, ademais da colocación de novos pilotes de contención tanto nese punto como noutras partes do paseo e na instalación dun novo banco na metade do percorrido.
Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.