Ferrol activa un servizo para realizar a compra de alimentos e medicamentos a quen o necesite

A campaña municipal “Se non podes, imos nós” comeza mañá venres e atenderá ás persoas necesitadas de luns a sábado a través dos números de teléfono 981 320 000 e 698 126 700
1547804377_670620_1547824779_noticia_normal

O Concello de Ferrol pon en marcha desde mañá venres, 20 de marzo, a campaña “Se non podes, imos nós” para dar servizo ás persoas que necesiten axuda para realizar a compra de alimentos e medicamentos. Trátase dunha nova medida activada polo Concello ante a situación excepcional provocada pola declaración de estado de alarma polo Goberno central.

Para coordinar o servizo, o departamento de Seguridade vén de habilitar os números de teléfono 981 320 000 e 698 126 700. Prestarase atención continuada de luns a venres de 10.00 a 17.00 horas atendendo chamadas ata as 18.00 horas e os sábados de 10.00 a 14.00 horas e ao teléfono ata as 15.00 horas. A campaña “Se non podes, imos nós” levarase a cabo en colaboración con Protección Civil e estará dirixida a persoas con mobilidade reducida ou en illamento sanitario sen opción a que un familiar realice dita tarefa.

 

 

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.