Navantia comenza a cargar as tres plataformas do parque Kincardine para a súa viaxe ata Róterdan

O venres partirán da antiga Astano para a súa emsamblaxe final no porto neerlandés
Kincardine-Floating-Foundations-Ready-for-Load-Out

O estaleiro Navantia Fene traballa no embarque das tres primeiras plataformas flotantes do Programa Kincardine, que serán transportadas ata Róterdan, para o seu posterior emprazamento, a 15 quilómetros da costa de Aberdeen, en Escocia. No porto neerlandés serán onde se leve a cabo a montaxe das turbinas de 9.6 megawatios fabricadas por Vestas.

Mañá martes, 22 de setembro, comezará a operación de carga da primeira unidade a bordo do buque para cargas especiais “Fjord”. As estruturas contan cunha planta triangular de 70 metros de lado e columnas de 12 metros de diámetro e 30 metros de altura nos vértices. Sobre unha destas tres columnas vai colocado o muíño de vento, que será un dos de maior potencia do mercado eólico.

 

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.