Navantia perdeu o pasado ano 146 millóns de euros e xa acumula un pozo de 1.000 millóns en cinco anos

O encargo dos AOR australianos, as F-110 e as obras da eólica mariña logaron amortiguar as contas de 2019, onde o volume de negocio aumentou un 12%
Astillero de Navantia Ferrol
Astillero de Navantia Ferrol

Navantia perdeu no 2019 máis de 146,2 millóns de euros, o que supón case 80 millóns menos que no exercicio anterior, onde o déficit foi de 225,7 millóns. En total, nos últimos 5 anos, os estaleiro públicos acumulan un pozo de 1.000 millóns de euros de perdas. Os efectos da anterior crise mundial e a inactividade do sector pasáronlle factura en 2015 cun déficit de 160 millóns de euros, que se dispararon no exercicio de 2016 ata os 303,8 millóns e alcanzaron en 2017 o seu récord con 389,8 millones de euros de perdas e unha situación de quebra patrimonial que poñía en serio risco á empresa.

Os encargos dos últimos anos e medio, que inclúen os dous AOR Australianos en Ferrol, as obras da eólica mariña en Fene, os catro petroleiros da serie Suezmax, para o grupo vasco Ibaizábal, e o inicio da obra das cinco corvetas sauditas no estaleiro de San Fernando, están logrando amortiguar as cifras de negocio de Navantia. No 2019 a cifra total de negocio do estaleiro foi de 1.213 millóns euros de euros, case 200 máis que en 2018, dos que a construcción naval supuxo o 67%. Outra boa nova, especialmente para Ferrol, é que aumentaron os ingresos na área de Reparacións, de 190 millóns en 2018 a 242 millóns de euros o pasado ano.

O panorama que se presenta para Navantia nos próximos anos é verdaderamente incerto, aínda que a súa cartera de pedidos, moitos dos cales finalizarán este ano, aumentou considerablemente no anterior exercicio. Se en 2018 os encargos ascendían a 4.600 millóns de euros, no 2019 aumentaron ata os 8.257 millóns. En boa parte, debido aos encargos das F-110, da eólica mariña e dos AOR australianos.

Situación patrimonial
A auditoría de contas do estaleiro público chama especialmente a atención sobre a súa situación patrimonial, que segue empeorando debido ás débedas acumuladas ao longo da última década. De feito, os seus últimos resultados fixeron diminuír o seu patrimonio neto ata os 1.168 millóns de euros negativos tendo en conta os préstamos participativos recibidos en 2019 por máis de 1.000 millóns de euros, o que a efectos mercantís sitúa a Navantia cun patrimonio neto de 155 millóns a 31 de decembro de 2019, segundo as contas presentadas onte.

Aínda que tal e como explica a sociedade pública, «non se atopa en situación patrimonial de disolución, tomarán medidas para o restablecemento do equilibrio patrimonial e do capital da empesa». Navantia congratúlase polo aumento dun 15% das súas ventas no pasado exercicio e augura para os próximos anos «unha recuperación do sector» tal e como sucedeu no 2019. «Confiamos en volver á sostenibilidade coa implantación das medidas económicas e técnicas que mar o Plan Estratéxico», apuntan.

 

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.