O pleno de Fene aproba unha modifición de crédito de máis dun millón de euros para o pago de facturas pendentes

O Concello tamén terá que abonar cerca de 400.000 euros de indemnización a VIAQUA en cumprimento dunha sentencia xudicial favorable á concesionaria
FG7C6F1_202030

O pleno municipal celebrado en Fene o xoves pasado sacou adiante -coa abstención do PP- unha modificación de crédito por un importe superior ao millón de euros que permitirá afrontar facturas impagadas do ano 2019 e dos primeiros meses de 2020. Na súa maioría trátase de recibos do ano pasado encargados polo anterior executivo municipal sen contar con partidas no orzamento ou con elas xa esgotadas.

De cara a poñerse ao día con empresas e provedores «nun momento crítico para a economía, sobre todo para a das pequenas empresas», o executivo encabezado por Juventino Trigo decidiu acometer unha modificación no orzamento incorporando 1.034.000 euros de superávit de 2019 e remantente líquido de anos anteriores. En total son 770 facturas das que aproximadamente un 85% se farán efectivas esta mesma semana e o 15% restante nun prazo máximo duns 15 días, tan pronto como finalice a exposición pública do seu recoñecemento.

Por outra banda, a modificación de crédito servirá para saldar contas con Viaqua por un importe cercano aos 400.000 euros trala sentencia que obriga ao Concello a satisfacer a actualización do canon dos abastecementos anteriores a 2013, ano en que a concesionaria acudiu por primeira vez ao xulgado.

 

Relacionadas