Os mariscadores de Ferrol e Fene, en pé de guerra pola improdutividade da ría

Tras desestimarse a opción dun cese temporal de actividade, reclaman á Consellería do Mar que lles permita realizar un parón biolóxico
mariscadores

Os mariscadores dos pósitos de Fene e de Ferrol anunciaron hoxe que están dispostos a saír a rúa e iniciar unha serie de protestas para reclamar unha solución ante a situación actual de improdutividade da ría. Os representates das confrarías reuníronse o pasado 18 de febreiro coa conselleir do Mar, Rosa Quintana, para expoñerlle a súa intención de iniciar un cese temporal de actividade. Unha proposta que foi ben acollida pola titular da Xunta e que explicou que a situación dos mariscadores entraban dentro dos parámetros para adoptar esta medida.

Sen embargo, días máis tarde a directora xeral do Instituto Social de la Marina (ISM) -dependente da Seguridade Social- anunciou que o cese temporal de actividade que reclamaban non se axustaba aos actuais criterios establecidos para este procedemento.

Asimesmo, instaba ás cofradías a inciar un paro biolóxico, un mecanismo que recolle o Fondo Europeo Marítimo e de Pesca para casos puntuais e que pasa pola aprobación da Consellería do Mar. Explican agora desde os pósitos que, «transcurridos os días e non tendo contestación da consellería ao respecto, as confrarías de Ferrol e Barallobre valoraron a posibilidade de saír a rúa» para reclamar unha solución.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.