Os taxis de Fene reciben un tratamento desinfectante

O Concello ofreceuse a levar a cabo as tarefas de hixienización dos vehículos de cara ao inicio da fase 1
César Galdo
César Galdo

A área de Seguridade do Concello de Fene ofreceulles hai uns días aos taxistas da localidade a posibilidade de levar a cabo un programa conxunto de desinfección dos seus vehículos de cara a afrontar a Fase 1 da desescalada. Esta mañá xuntáronse na praza do Alcalde Ramón Souto González para tratar os coches cun produto que tamén se lle aplicou aos vehículos de Protección Civil, da Policía Local e da Garda Civil.

Trátase dunha acción complementaria das recomendacións hixiénicas e sanitarias que xa se deben adoptar dentro dos protocolos de prevención de contaxios do coronavirus. Da aplicación do tratamento ocupouse a propia agrupación local de Protección Civil, quen se encargou de repasar os vehículos das forzas da orde e tamén os taxis que se achegaron a media mañá á praza do Concello.

Cómpre lembrar que desde o luns é obrigatorio o uso de mascarillas en todo o transporte público -incluídos taxis- e recoméndase o pagamento das carreiras con tarxeta ou con dispositivo móbil para evitar no posible o contacto cos cartos.

 

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.