Os areais de Ferrol estrean mobiliario nesta tempada de verán

Baños, duchas, pasareas de madeira, papeleras e contedores de diferentes residuos son algúns dos novos elementos incorporados aos nosos arenais
Playa de San Xurxo, en Ferrol
Playa de San Xurxo, en Ferrol

A concellería de Medio Ambiente continúa co plan de mantemento e reparación de  elementos das praias do municipio posto en marcha este mes co fin de poñelas a punto de cara á tempada estival. No día de onte colocáronse aseos con retretes químicos nos  areais de Ponzos, Santa Comba, San Xurxo, Doniños, Penencia, Cariño, Graña, Cabana e Caranza, uníndose así ás instalacións existentes. Tamén se colocaron esta semana  pasareas de madeira na Graña para mellorar a seguridade dos viandantes.

Nos últimos días distribuíronse papeleiras de 120 litros e contedores de bolsa  amarela e de residuos sólidos urbanos, realizáronse labores de roza nos accesos ás  praias, renováronse os carteis informativos e colocáronse duchas.

Por outro lado a comezos de mes o Concello poñerá en marcha un  programa de intervencións para solucionar danos causados por temporais e actos vandálicos coa intención de que os areais estean en perfecto estado de cara ao verán.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.