Ferrol contén nas últimas 48 horas o número de positivos por coronavirus

Entre onte e hoxe só se contabilizaron tres novos casos, deixando unha cifra total de 38 afectados
115611_908550

O área sanitaria de Ferrol viviu a pasada semana un crecemento notable do número de casos positivos por coronavirus, pasando de 8 a 37 en apenas cinco días; sen embargo nos últimos dous días este incremento ralentizouse. Actualmente, hay rexistrados 38 casos positivos nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal, dos cales 19 atópanse en vixilancia domiciliaria e 19 ingresados nos hospitais comarcais. Destes, 6 están na UCI e 13 en planta.

A estes casos hay que sumar os catro falecidos por coronavirus dende o pasado domingo. Foron tres mulleres de 77, 91 e 92 anos e un varón de 69, todos eles ingresados e con patoloxías previas.

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos de coronavirus en Galicia ascende a 1.598, deles 389 son da área da Coruña, 99 da de Lugo, 186 da de Ourense, 202 da de Pontevedra, 396 da área de Vigo, 288 da de Santiago.

Relacionadas