Ferrol firma un convenio de colaboración con Asfedro por un valor de 17.000 euros

A Asociación Ferrolá de Drogodependencias contará este ano cun incremento da subvención aportada pola administración local, un total de 2.000 euros máis
asfedro

O alcalde de Ferrol, Ángel Mato, e a presidenta de Asfedro (Asociación Ferrolá de Drogodependencias), Sari Alabou, firmaron esta mañá un convenio de colaboración de 17.000 euros para poñer en marcha accións destinadas á prevención de adiccións, sumando un importe de 2.000 euros máis que o pasado ano.

Esta axuda forma parte do anexo de subvencións nominativas do Concello de Ferrol para este exercicio aprobado polo pleno municipal o pasado 27 de abril. Tras a firma do convenio, o rexedor agradeceu á presidenta de Asfedro o importante labor sociosanitario que a entidade desenvolve en Ferrol e comarca co fin de atender a enfermos e previr adiccións.

Mato destacou tamén que «a pandemia limitou as súas posibilidades de traballar na rúa, pero a asociación retomará a súa actividade a medida que volvamos á normalidade». Pola súa banda, Alabou agradeceu ao Concello o incremento na subvención para o presente ano e destacou a «boa relación coa Administración local».

A responsable resaltou tamén a «actitude positiva e absoluta vontade de colaboración” da concelleira de Benestar Social, Eva Martínez Montero, quen agradeceu a activa participación de Asfedro no Grupo de Trabajo de Infancia, Familia e Adolescencia e o labor da súa comunidade terapéutica no lavado da roupa dos usuarios do albergue provisional habilitado polo Concello de Ferrol durante o estado de alarma.

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.