A área sanitaria de Ferrol non rexistrou novos contaxios por Covid-19 nas últimas 24 horas segundo os datos facilitados polo Sergas a través da Dirección Xeral de Saúde Pública. Sí se confirmou a morte dun dos doentes afectados polo virus que estaba ingresado nunha das UCI do CHUF. Trátase dun varón de 71 anos que presentaba patoloxías previas. Con este son xa 20 as vítimas mortais por coronavirus nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal.
Sen contar os falecidos, a área sanitaria contabilizou ata o momento 337 casos, dos cales 294 atópanse nos seus domicilios baixo vixilancia médica. O resto, 43 doentes, están ingresados nos hospitais de Ferrol e 11 deles permanecen máis graves nas UCI.
O Sergas continúa realizando diariamente recollidas e análisis de test para identificar aos portadores do virus. Ata o de agora fixéronse preto de 4.000 test (algo máis de 100 ao día) tanto no Arquitecto Marcide, como no punto fixo do Novoa Santos -co coche- ou a domicilio. Ademáis, nos últimos días reforzouse o laboratorio de microbioloxía encargado de analizar os test do Covid-19.
Discussion about this post