A residencia de maiores de Caranza celebra o seu aniversario con sireas e música

O centro, con máis de 150 residentes, non sufriu por agora ningún brote de coronavirus
att00041_0

A residencia de maiores de Caranza celebrou onte o seu 43 aniversario dun xeito atípico, froito da situación sanitaria global, pero con bo ánimo e a compañía dos bombeiros de Ferrol. O corpo mobilizou ata a entrada do centro a tódolos seus camións e fixo soar as súas sireas entre os aplausos dos máis de 150 persoas que alí residen. Deste xeito, quixeron agradecer a labor que o corpo de bombeiros realizou nesta residencia e noutras do municipio, desinfectando as instalacións para maior seguridade dos usuarios.

Ademáis, durante o almorzo, os traballadores tamén animaron a festa interpretando algunhas das cancións favoritas dos residentes. «Houbo baile, canto e moito humor. Foi un chute de ánimo para todos», explicaron os responsables do centro. Esta residencia, ata o momento, non rexistrou ningún caso positivo de coronavirus.

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.