A UDC organiza este sábado un roteiro polo Ferrol das mulleres

Partirá da casa do Patín ás 10 da mañá e percorrerá o barrio histórico de A Magdalena
FE30C5F2_193718

As actividades organizadas pola Universidade da Coruña para conmemorar o 8M, Día Internacional das Mulleres, comezou esta mañá coa lectura dun manifesto en Ferrol, que iniciou a vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social, María Jesús Movilla. Nel se reivindicou o traballo académico e intelectual para superar as desigualdades de xénero e construír unha sociedade e unha universidade para todas e todos.

As actividades continuarán este sábado, 7 de marzo con Ferrol,  co roteiro «Unha cidade de mulleres».  Trátase dunha visita guiada pola cidade de Ferrol a través das vidas das mulleres que fixeron e deixaron a súa pegada nesta cidade. Saíndo da Casa do Patín (10:00 horas) e do emblemático barrio de Esteiro, a andaina irá polo Campus de Ferrol, Cantón, praza da Constitución, praza de Galicia, rúa Concepción Arenal/Hospital, praza de Amboaxe, e rúa Magdalena para rematar nos xardíns de Herrera.

Farase unha viaxe no tempo, polas rúas da cidade a través das vidas de Concepción Arenal, Carolina Casanova, Ángeles Alvariño, Hildegart Rodríguez, Ángela Ruíz Robles ou Isabel II; mulleres costureiras, redeiras, lavandeiras, carrexadoras, augadeiras, mestras, científicas, escritoras ou intelectuais. Este roteiro require inscrición previa en https://www.udc.es/gl/novas/Ferrol-8M-unha-cidade-de-mulleres/

Publicidad
Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.