A Universidade da Coruña doa todo o seu material sanitario ao SERGAS

Os hospitais de Ferrol e A Coruña recibirán 76.793 guantes, 4.366 mascarillas, 12.446 batas e 665 gafas
doazon_material_UDC_2

A Universidade da Coruña doa todo o seu material sanitario como guantes, mascarillas, batas, gafas e outro tipo de existencias ao Servizo Galego de Saúde. A través da Vicerreitoría de Campus de Ferrol e Responsabilidade Social centralizouse a doazón de todos as facultades, escolas e centros de investigación que dispoñían deste material para aportalo ao CHUAC (Complexo Hospitalario Universitario da Coruña) e ao CHUF (Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol).

A vicerreitora María Jesús Movilla fixo un chamamento a todos os centros, que se sumaron inmediatamente poñendo á disposición do Sergas todas as súas existencias de material.

En total, doaranse 76.793 guantes; 4.366 mascarillas; 12.446 batas, 665 gafas así como solución hidroalcohólica, xel hixienizante e antiséptico de mans. Ademais, enviaranse calzas, gorros, gorros cirúrxicos, panos cirúrxicos e outras prendas de protección. Tamén, segundo informa a vicerreitora, ofreceranse termocicladores (analizadores de infección) por se fixesen falta.

 

Relacionadas