A Xunta adxudicará 11 vivendas de promoción pública en Ferrol

A promoción está na rúa Fonte da Greza, no barrio de Caranza, fronte ao Auditorio Municipal
320978523_1

A Xunta de Galicia vén de iniciar o procedemento para a adxudicación dun total de 11 vivendas de promoción pública (VPP) no Concello de Ferrol. As vivendas serán adxudicadas mediante sorteo público que se celebrará o vindeiro 24 de marzo entre os demandantes ferroláns que estaban inscritos no Rexistro de Demandantes de Vivenda de Galicia na data de inicio do procedemento, é dicir, 19 de febreiro.

Concretamente, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda destinará estas vivendas, localizadas en Fonte da Greza, a menores de 35 anos ou maiores de 65. Trátanse de vivendas de 1 e 2 dormitorios dirixidas a familias con entre un e catro membros. Unha delas, ademais, está adaptada para persoas con mobilidade reducida, polo que se reservará para persoas cun grao de discapacidade recoñecido.

A adxudicación farase en réxime de alugueiro e os contratos terán unha duración inicial de sete anos. O importe mensual do arrendamento, aínda que dependerá do tamaño da vivenda, moverase sempre por debaixo dos 64 euros ao mes.

Unha vez realizado o sorteo, a lista provisional de adxudicatarios publicaranse nos taboleiros de anuncios do concello e do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) así como na páxina web deste organismo. Así mesmo, a continuación abrirase un prazo de 10 días para a presentación de posibles reclamacións.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.