Adxudicadas as obras de mellora das estradas de Mandiá e As Cabazas

As vías serán rebacehadas e renovadas cunha nova capa de pavimento asfáltico
mandia
Publicidad

O goberno local vén de adxudicar as obras do aglomerado da estrada Catabois-Mandiá á empresa Francisco Gómez y Cía por un importe de 72.232 euros. Trátase dunha actuación do Plan de Obras e Servizos (POS) 2017 que contempla a renovación da capa de rodadura nin tramo de 1.457 metros mediante a aplicación de 6 centímetros de pavimento asfáltico.

Os traballos tamén inclúen a limpeza e perfilado das cunetas e o rebacheo e saneamento do firme. Por último, acometerase a sinalización viaria, tanto vertical como na estrada. O prazo de execución das obras será dun mes.

O goberno local tamén vén de adxudicar as obras de aglomerado no Camiño das Cabazas-Pedra Blanca (Cobas) á empresa Canarga por un importe de 31.300 euros. Trátase dunha actuación incluída na relación de proxectos do POS adicional 2016 da Deputación da Coruña, coa que o Concello rematará dito plan.

Executaranse os traballos necesarios para estender unha capa de aglomerado sobre os pavimentos existentes nunha superficie de 2.716 metros cadrados. Tamén labores de desbroce e perfilado de cunetas a fin de canalizar as augas superficiais e mellorar a vida útil da vía. O prazo de execución deste proxecto tamén será dun mes.

Relacionadas