Comeza o ciclo de cine ‘Mulleres’ na sede de Afundación

Tódolos luns de marzo ás 18.30 horas ofrecerase unha película con entrada libre e gratuita
MG_7466

O ciclo de cinema ‘Mulleres’, organizado por Afundación, dá comezo este luns para conmemorar a semana de reivindicación de dereitos das mulleres e que se clausurará coa celebración do Día Internacional da Muller Traballadora, o vindeiro domingo 8 de marzo.

Dentro deste marco, ‘Mulleres’ preséntase como un ciclo transversal que ten como eixo vertebrador o empoderamento feminino. Así, este luns proxectarase ‘Toni Erdmann’ na sede Afundación de Ferrol a partir das 18.30 horas da tarde. Esta película trata sobre unha muller que traballa nunha consultora alemá e que comeza a exporse a súa vida por mor dunha pregunta: ‘Es feliz?’.

As películas poderanse ver de forma gratuíta, pero a organización explica que será necesario retirar a invitación na web de ataquilla.como para poder asistir ata completar o aforo.

 

Luns 2 de marzo- «TONI ERDMAN»

Luns 9 de marzo- «UNA CUESTIÓN DE GÉNERO»

Luns 16 de marzo- «LA BUENA ESPOSA»

Luns 23 de marzo- «LA FAVORITA»

 

 

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.