Denuncian á empresa de limpeza dos PAC por falta de equipos de protección para os traballadores

O sindicato CIG asegura que moitas limpadora traballaron sen seguridade en salas con positivos confirmados
carrolimpeza

A CIG-Servizos de Ferrol demanda da empresa Lacera Servicios y Mantenimiento, que ten a concesión da limpeza dos centros de saúde, PACs e consultorios da área sanitaria de Ferrol, que dote de todas as medida de protección necesarias as traballadoras para garantir a súa seguridade ante a pandemia do coronavirus.

Denuncian que dende o comezo da crise sanitaria, a empresa incorreu en repetidos incumprimentos como non dotar dos EPIS adecuados as traballadoras nas situacións de limpeza en estancias con positivos confirmados e posíbeis. De feito, insisten dende o sindicato que a empresa nin sequera ten estes EPIs a disposición das empregadas no centro de traballo, «facendo viaxar o encargado do servizo alá onde xurda unha eventualidade deste tipo para dotar as traballadoras, extremo que dada a frecuencia deste tipo de limpezas moitas veces non se fai».

Polo que, na práctica en moitas ocasións estanse realizando eses traballos «dun xeito inadecuado, poñendo así en grave risco a saúde do persoal e contribuíndo a espallar o virus nas familias das traballadoras».

Colectivos de risco

A este respecto, a CIG destaca que unha parte do persoal é colectivo de risco a efectos da COVID-19, pero a empresa non as apartou do servizo como lle obriga a Lei, «polo que seguen en cumprimento ordinario de xornada cando deberían estar nas súas casas en situación de Incapacidade Temporal».

Estas situacións foron denunciadas ante as administracións competentes (Inspección de Traballo e Seguridade Social, Delegación do Goberno en Galiza e Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social) por dúas veces, unha con data 25 de marzo e outra con data 2 de abril, «sen obter ánimo rectificador algún por parte da empresa, continuando esta a expoñer gratuitamente as traballadoras».

 

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.