Dez ozonizadores desinfectan os vehículos e as instalacións da Policía Local, Bombeiros e Protección Civil

O Concello de Ferrol entregoulle dous aparatos e 150 máscaras ás asociacións de taxistas
2020_04_14OzonizadoresEntrega03

A semana pasada comezaron a funcionar nas bases da Policía Local, do Corpo de Bombeiros e de Protección Civil un total de dez aparatos ozonizadores para a desinfección tanto das dependencias coma dos vehículos que emprega o persoal de seguridade e emerxencias. Estes equipos foron adquiridos polo Concello tras o inicio da epidemia de coronavirus para incrementar todo o posible as medidas hixiénicas contempladas no protocolo que se puxo en marcha dende os primeiros días da crise.

Así, ademais dos traballos diarios de limpeza dos vehículos e da periódica desinfección que está a levar a cabo unha empresa especializada, sete dos novos aparatos, con capacidade para tratar áreas de ata 15 metros cadrados, están destinados a ese cometido. Os outros tres, cun caudal de 160 metros cúbicos, son capaces de hixienizar estancias de 50 metros cadrados en 25 minutos, e estanse poñendo en funcionamento nas dependencias do cuartel da Policía Local, do parque de bombeiros e da base de Protección Civil.

O Concello tamén acordou a cesión de dous destes aparatos de desinfección por ozono ás asociacións de taxis para que poidan hixienizar os seus vehículos. Hoxe mesmo, os dous edís fixéronlle a este colectivo entrega deles, así como de 150 novas máscaras de protección.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.