Dous hoteis de Ferrol, declarados servicios esenciais polo Goberno durante a emerxencia sanitaria

O hotel Carrís Almirante e o hotel Valencia deberán estar dispoñibles para acoller a persoal sanitario, corpos de seguridade ou cidadáns desprazados de urxencia
99302610

O Goberno central vén de  habilitar 37 establecementos turísticos de Galicia para que poidan aloxar durante o Estado de Alarma a traballadores de servizos básicos e cidadáns que viaxen ao abeiro dalgunha das excepcións previstas no Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo. Entre eles atópanse o hotel Carrís Almirante, no barrio da Magdalena e o hotel Valencia, la estrada de Catabois.

Segundo se explica na orde ministerial, a apertura destes establecementos será considerado esencial e deberán permanecer en funcionamento. Dacordo con este regulamento, estarán pechados ao público xeral, pero acollerán a traballadores de servizos básicos, como profesionais sanitarios, transportistas, membros dos corpos de seguridade, responsables dos sistemas de redes ou eléctricos.

Ademais, permitirán que se aloxen cidadáns que viaxen por algunhas das excepcións establecidas no estado de alarma, especialmente se o fan para coidar a maiores, menores, discapacitados ou persoas especialmente vulnerables ou con necesidades de atención sanitaria. Tamén poderán dar servizo a todas aquelas persoas que por causa de forza maior ou situación de necesidade requiran asegurar aloxamento puntual con urxencia.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.