Equiocio organiza unha limpeza colectiva da praia do Vilar

Será o sábado 21 ás 11.00 da mañá e poderán participar libremente aquelas persoas interesadas en preservar o medio natural
LIMPIEZA_PLAYAS

O calendario de accións de Equiocio continúa este mes de marzo, centrado no medio ambiente. Así, a directora do certame, Ana Pérez Lago, avanzou que a próxima iniciativa será unha campaña de limpeza de praias aberta á cidadanía. Desenvolverase no areal de O Vilar, un dos máis castigados polos efectos do temporais inverno tras inverno, chegando a recibir gran cantidade de residuos. Esa foi unha das principais motivacións para elixilo como escenario da acción, que terá lugar o sábado 21 de marzo, a partir das 11.00 horas.

Na iniciativa colaborarán activamente as entidades que integran Equiocio Social, protagonistas en febreiro da plantación do xardín botánico realizada no campo de As Cabazas-Covas. Ademais, administracións como o Concello de Ferrol e a Xunta de Galicia tamén apoian a acción, así como
firmas como Estrela Galicia, Gadis e Coca Cola. Ana Pérez Lago explica que Equiocio non quere limitar a iniciativa a unha simple recollida de residuos, senón que busca como primeiro obxectivo a concienciación
sobre a necesidade de preservar o medio mariño e, con ese obxectivo, a limpeza virá precedida dunha breve charla de Xan Rodríguez Silvar, delegado da Sociedade Galega de Historia Natural en Ferrol, que abordará a riqueza medio ambiental da contorna e os efectos das nosas accións sobre o espazo.

As persoas interesadas en tomar parte poden inscribirse previamente enviando a súa solicitude ao correo [email protected]. Deberán achegar nome e apelidos, DNI, idade e correo/teléfono de contacto. Poden participar persoas menores e maiores de idade, aínda que os pequenos terán que ir acompañados dunha persoa adulta. Ademais, o mesmo sábado 21 de marzo, entre as 10.30 e as 11.00 horas tamén se habilitará un espazo para anotarse.

Relacionadas

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.